"O día do nacemento do prícipe Estanislao sería lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do antigo e poderoso reino de Sofrovia debido á potencia dos berros que emitiu en canto viu a primeira luz. Era só o anticipo da xuvventude intensa, apaixonada e rebelde do que anos despois acabaría sendo o rei Tanis I, o Mocos"
Así comeza Estanislao, príncipe de Sofrovia de Manuel Lourenzo González. Con este libro coménzanse as aventuras deste personaxe que máis tarde se convertirá no rei Tanis I, o Mocos.
O noso grupo do Club de 1º da ESO iniciará a súa andaina como clubeiros coa lectura desta obra. Achegarémonos a este singular personaxe e a súa irreverente personalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario