O pasado xoves tivemos a xuntanza do club co grupo de 1º da ESO para comentarmos a lectura de "Mortos de Ningures". Case non nos chegaron as dúas horas para tanto que tiñamos que falar. Os clubeiros quedaron encantados con esta novela negra ou policial xuvenil.
Repasamos todos os puntos comúns deste tipo de novelas. Os personaxes necesarios: a investigadora Nola e o seu sagaz axudante, o gato Lolo, xunto co contrapunto necesario do Comisario. Os crimes: os asasinatos de ningurenses. As pistas para a resolución do caso: o sangue verde. E, finalmente, o autor ou autores dos crimes e as súas motivacións.
Os rapaces valoraron moi positivamente a achega das ilustracións de Andrés Meixide e analizamos as distintas perspectivas que adoptou o ilustrador nos debuxos.
Tamén, comentamos a importancia do espazo na historia. Todures, Ningures e Algures non son simples topónimos escollidos ó chou, senón que agochan o tema principal da historia. Non todas as vidas teñen o mesmo valor, e, neste caso, as dos ningurenses valen menos.
Os rapaces valoraron moi positivamente a achega das ilustracións de Andrés Meixide e analizamos as distintas perspectivas que adoptou o ilustrador nos debuxos.
Unha grande aperta e graciñas por todo ;-)
ResponderEliminarGraciñas a ti por participar no noso blog.Ós clubeiros gustoulles moito o voso libro.
ResponderEliminarOutra aperta e garciñas polas túas palabras.
ResponderEliminarFinalmente, Mortos de Ningures foi a obra gañadora do Premio Literario Sarmiento. Graciñas por participar. Unha grande aperta ;-)
ResponderEliminar