Hoxe comezamos a lectura de Ouro Negro co grupo de 2º da ESO. Este
libro ofrécenos a posibilidade de seguir a desfrutar das aventuras da
inspectora Nola e o seu axudante, o can Lolo, que tanto nos cativaron o
ano pasado na súa primeira entrega, Mortos de Ningures.
Esperamos contar coa visita dun dos seus autores, e xa que o ano pasado tivemos con nós a Pere Tobaruela, este ano a nosa idea é invitar a Ledicia Costas para que os nosos clubeiros poidan compartir unha xuntanza con ela.
Non nos esquecemos tampouco do moito que nos gustan as ilustracións de Andrés Meixide, que acompañan este coma o anterior libro da nosa querida inspectora.
Non nos esquecemos tampouco do moito que nos gustan as ilustracións de Andrés Meixide, que acompañan este coma o anterior libro da nosa querida inspectora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario