Comentario crítico do relato 0 de Endogamia 0.2.
Neste relato preséntase un tema totalmente actual, retratando dunha forma moi clara a situación que se segue a dar no noso día a día a pesar da imaxe que se pretende dar. Podemos observar como a mullear continúa a ter un papel de figura vexada en moitas ocasións, véndose na obriga de aceptar un trato que dista moito de ser igualitario. A problemática de maior relevancia é o feito de que nós mesmos esquecemos esta ferida subxacente da nosa sociedade, a cal promete converterse no novo (e non tan novo) estigma da nosa época. Con isto quero referirme a outros casos de discriminación (racial, étnica, homofóbica...) que si conseguiron espertar unha gran concienciación social. Pola contra, a pesar dos esforzos que se fan por diversas vías, eu non detecto na poboación o verdadeiro ton de alarma que a situación merece. Este "piloto" só salta na nosa sociedade cando vemos no telexornal un novo caso de violencia machista, pero pronto arquivamos a información no caixón da "tristura" ou no da "compaixón" e seguimos a comer. A nosa incomprensible indiferenza é o que permite que a situación continúe, día a día, vítima a vítima.
No relato faise unha panorámica de todas as situacións nas que unha muller se ve denigrada polo feito de selo. Isto abrangue dende o ámbito laboral ata o privado, demostrando unha vez máis que o home segue a ter unha vantaxa silenciosa e pesada sobre o tradicionalmente chamado "sexo endeble" (o cal, como non, é unha mostra máis do conflito). Por que isto non provoca manifestacións nas rúa? Ata onde chega a nosa capacidade de "non ver"?
Por Sara Martínez
1º BACH A
1º BACH A
Ningún comentario:
Publicar un comentario