Vídeo-homenaxe "Memorias dun neno labrego"




O alumnado do Club de lectura e de diversificación participou nesta gravación de vídeo que homenaxea o libro de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego.


Durante a actividade recitaron anacos literais deste libro e relataron as distintas aventuras que lle acontecen a Balbino.

QUERIDO BALBINO. 1961-2011. Cincuenta anos de "Memorias dun neno labrego"


Ver catálogo da exposición.


Estes días na Biblioteca Pública de Pontevedra podemos contemplar esta exposición que recolle fotografías, vídeos e correspondencia que permiten coñecer a traxectoria vital de Neira Vilas e de Memorias dun neno labrego, o libro máis lido da literatura galega. Exhíbense ademais 10 traballos de pintores galegos que renden a súa particular homenaxe á obra protagonizada por Balbino.

Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas (contabilízanse unha vintena de traducións), ademais da novela a través da que moitos lectores se inicaron na lectura en lingua galega.


O noso club visitará a Fundación Neira Vilas na saída que ten prevista como remate as actividades deste ano o derradeiro día de clase.

"Memorias dun neno labrego"

Esta é a nosa derradeira lectura no Club deste ano, "Memorias dun neno labrego". Serviunos para achegarlles unha realidade rural que a algúns lles queda algo alonxada, pero da que aínda se albiscan retallos hoxe, sobre todo no entorno dos nosos rapaces.


Falamos de como era antes o rural galego, da escola, dos mestres, dos curas, do señor, do xudeu. Tratamos o tema de emigración, moitos dos integrantes do noso club aínda teñen ou tiveron familiares emigrantes. Achegámonos, tamén, a outros temas, como o primeiro amor ou os nosos animais de compañía a través do Pachín do Balbino.