NADAL MUSICAL




Para cantar
Ola, ola, la - Mamá Cabra - Edita Galaxia
Libro cd máis dvd-karaoke e un conto de Gloria Sánchez con ilustracións de Kristina Sabaite.

Para bailar e cantar
Pesdelán (Na punta do pé) - Edita Kalandraka
Contén libro, disco e cd. O libro inclúe ilustracións do portugués Joao Vaz de Carballo, letras, músicas e explicacións da peza e do baile. O cd ademais das pezas, ten as versións sen voz para cantar na casa. O dvd aproxímanos ao baile de maneira aberta e divertida.
Participan na parte musical Uxía Cribeiro, Mercedes Prieto, Montse Rivera, Xan Pampín, Carlos Freire, Miguel Flores e Amando Gottardi ademáis de colaboracións na música e baile.

Para durmir
Arrolos de Salitre - Xabier Díaz e Guillerme Fernández - Edita Musicas de salitre
Creado e producido por estes dous membros de Berrogüetto, Arrolos de Salitre conta con voces emerxentes galegas non moi coñecidas. Davide Salgado, Jara Ortiz, Uxua Cribeiro, Xoan Curiel, Alba Gutiérrez, Fani Otero, María X Silvar, Carlos Álvarez e Diego Calviño.

Para imaxinar
A Nena e o Grilo - Magín Blanco - OQO Editora
Libro conto con cd de música e ilustracións de Iván Prieto. Colaboran Ugía Pedreira, Guadi Galego, Uxía Senlle e Fred Martíns. Na banda participan Sérgio Tannus, Tarci Ávila e diversos músicos e voces.


Para erguerse
Tic tac - Pablo Díaz - Kalandraka
Libro Cd con ilustracións de Marc Taeger. Pablo Díaz conta con músicos coma Antón Díaz, Brais Maceiras, Fran Amil ou Pedro Lamas e voces coma Xabier Díaz, Carmen Rey.


Escolma recollida de Galicia Confidencial.

BIRDBOY




´


BIRDBOY é un interesante proxecto do debuxante galego Alberto Vázquez baseado no seu cómic Psiconautas. Esta curta acaba de ser preseleccionada para os Óscar 2012.

OS LOBOS




Este xoves iniciamos o noso club de lectura coa obra de Xosé Miranda: Pel de lobo. Publicada en 2002 esta novela obtivo o premio Merlín de literatura infantil e xuvenil.



ÉRASE UNHA VEZ



O lobo desde sempre foi un símbolo do mal na literatura. Véxase Carapuchiña vermella e toda a nosa tradición popular sobre lobishomes.

NARRAR O MEDO

Con este traballo de Román Landín achegámonos á temática do noso primeiro libro de lectura do club: Pel de lobo de Xosé Miranda.


TROPA DE TRAPO


Trailer en galego desta película en 3D que se estrea o vindeiro 29 de outubro.



Por que ler?

Algunhas boas razóns polas que inciar de novo a nosa actividade no Club de lectura dánolas esta pequena produción audiovisual. De aí que este ano reunirémonos os xoves unha vez ó mes para compartir as nosas lecturas, que nos farán viaxar ou atoparnos cos seus escritores.

O SOLDADIÑO DE CHUMBO



Unha mostra máis de que o cine de animación está moi animado en Galicia. Esta é unha versión do conto de Hans Christian Andersen moi galega, onde o malo é un cigarrón do entroido de Verín e a acción se desenvolve no Museo Galego do Xoguete de Allariz.

O APÓSTOLO



O vindeiro 25 de xullo estrearase O APÓSTOLO, primeiro filme feito coa técnica stop motion en Europa. Cun claro acento galego, non só pola historia e os personaxes, que son algúns dos nosos actores e actrices máis recoñecidos: Luís Tosar, Carlos Blanco, Manuel Manquiña, Celso Bugallo, José Manuel Oliveira e Isabel Blanco. Senón tamén porque o produce a empresa santiaguesa Artefacto Producciones.

Este filme conta tamén coa participación de Geraldine Chaplin e coa banda sonora de Philip Glass.



Reportaxe de Miraxes, emitida o 29/11/09 sobre este filme.

BAIXO A SOMBRA DAS PEDRAS FLOTANTES




Adianto da novela gráfica de Kiko da Silva

A última de Piratas




Pechamos a nosa sección de piratas coa versión que fai a banda de heavy metal TIERRA SANTA do poema "Canción del pirata" de JOSÉ ESPRONCEDA.

A flor máis grande do mundo



Non sei se a máis grande do mundo, pero hoxe deixounos unha das máis bonitas e auténticas flores que nos deu a literatura destes últimos anos: José Saramago.

Esta curta, con música de Emilio Aragón, baséase nun conto seu. A súa marcha déixanos moitos baleiros que encheremos lendo os seus libros e escoitando a súa marabillosa voz, que ecoa coma o son da buguina.

Quen é MANUEL RIVAS


Manuel Rivas é moito máis que o pai de Martiño Rivas. Naceu na Coruña en 1960. Estudou xornalismo en Madrid.

Na actualidade mantén unha columna semanal no xornal El País, onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais

Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, entre elas A lingua das bolboretas dirixida por José Luis Cuerda e O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa que foi seleccionada para presentarse nos premios Goya da Academia Española do Cine.

Hoxe achegámonos a el a través da súa novela xuvenil: Bala perdida

Hissons nos couleurs

Canción do pirata en PIRATAS DO CARIBE 3



Un cativo inicia unha canción pirata para ensinar ás outras persoas a non teren medo á morte.

BAVE CIRCUS



Film d'animation réalisé par les étudiants de Supinfocom :

DESFRETIER Philippe, DUFRESNE Nicolas, KAUFMANN Sylvain, LAUGERO Martin.

Nova lectura: BALA PERDIDA




Na cidade costeira de Atlán, Rosa, unha espelida xornalista, dirixe un pequeno periódico. Pero todo cambia para ela cando o pirata Bala Perdida a embarca nunha perigosa aventura.

Xuntanza de abril.





Este mes tivemos a última xuntanza para tratar o libro: Unha pantasma no colexio.

Para pechar esta lectura contamos coa presenza do seu autor: Manuel Lourenzo González.

Con el conversamos sobre pantasmas, medo, misterio e sobre como se escribe unha historia na que o protagonista se move entre un mundo real ou pantasmagórico.




Posted by Picasa

DÍA DA POESÍA



MARÍA SILENCIO

Cabeleira de chuvia, ollos de néboa.
Maria Silencio, esfarrapada, á espreita.

Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A tua anguria fala con olladas.

Maria Nocturna: no peirán ¿que esperas?
¿polo día non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?

Maria Silencio, sempre dura e muda...
¿Cál é a barca que agardas?

Das fontes dos teus ollos
fluen ríos de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...

Maria Silencio, eu roubaria
no ceu
a estrela de mel,
na agua
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.

Se queres ulir flores,
darei-che a flor da lua.

María do Mar, ¿que barca agardas?

¿Queres o sol, carne de lúa fría?

O sol é un porco-espiño disfrazado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.

Pescado pola cana do abrente,
dareicho eu, raiolante e mollado.

¡Maria Silencio, Voz Dormida: fala!

¿A que afogado esperas,
Maria da Sombriza Espranza?

Maria Silencio, ¿agardas a túa voz?
¿As ondas do mar levado roubaroncha?

De chuvia e vento vestida,
Maria Silencio, calada...

Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961) (A Coruña: Ediciós do Castro)

UNHA PANTASMA NO COLEXIO








A nosa segunda lectura do club está chea de misterios. Hai unha pantasma no colexio. Quen será esta pantasma?


O vindeiro mércores escoitaremos as vosas suxestións sobre o tema. E o mes que vén teremos unha sorpresa para rematar esta lectura.

PROMOCIONAR A LECTURA



A promoción da lectura pode converterse simplemente nunha xenialidade. Este é un claro exemplo disto.

ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS



O país das marabillas existe, por iso é importante ver a película de Tim Burton e ler o libro de Lewis Carroll. Aínda que ás veces as semellanzas sexan poucas.

Aquí os portugueses, pouco amigos de dobrar os filmes, amósanos un avance da película. Xa que por agora non a poderemos oír en galego.

CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE


O tema do medo foi o obxecto da nosa primeira sesión presencial. No epílogo do libro atopámonos:

"EU TEÑO MEDO...

Cando petan na porta pola noite.
A estar só cando non quero estar só.
A estar no medio de moita xente.
A quedar só no mundo.
A non morrer nunca.
A morrer pronto.
A morrer estupidamente nunha estrada.
A quedar inútil.
A tolear.(...)"



AGORA TÓCAVOS A VÓS DICIR A QUE TEDES MEDO:

ANIMACIÓN Á LECTURA CON BENXAMÍN MÍGUEZ




O animador da editorial Rodeira, Benxamín Míguez, achegouse ó noso centro para comentar co alumnado de 2º da ESO o libro, As lágrimas de Shiva, e co de 3º o libro, O último traballo do Sr. Luna. César Mallorquí é o autor destes dous libros. No final da actividade os rapaces improvisaron un teatriño no que cambiaban o final da historia d' As lágrimas de Shiva.

OBRADOIRO DE RAMÓN CARIDE








O 22 de xaneiro visitounos o escritor Ramón Caride para desenvolver un obradoiro de narrativa co alumnado de 3º A.




Benvida

Dámosvos a benvida ó noso Club de lectura, esperamos que a nosa andaina por esta praia estea chea de proveitosas palabras a través das lecturas que vaiamos facendo.