Cuestionario d' O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS.



Cuestionario guía para o club de lectura d’ O pintor do sombreiro de malvas.
(Nota previa: todas as cuestións procuran unha resposta baseada na lectura da novela.)

1.Na novela, o narrador ocupa boa parte do seu tempo no gozo de ler.Relaciona as obras obxecto de lectura. Analiza a valoración que a sociedade descrita na obra ten das lecturas que se citan e da xente que le. [Para empezares, bótalle unha ollada ás páxinas 14, 26, 39 e 156.]

2.¿Quen narra a historia? ¿Cal é o punto de vista adoptado na novela?

3.¿En que época se ambienta a novela? ¿Cales son as características máis salientables desa época?

4.O título da novela é anecdótico.Explícao. 5.Quen vén sendo o pintor do que se fala na obra?

6.¿Podes establecer unha relación entre a personalidade do pintor e a técnica pictórica que emprega? [Véxanse pp. 20-21, 28 e 73.]

7.Despois da lectura da novela, ¿como dirías que anda a cabeza do pintor Vincent?

8.No contexto da obra, ¿que valor ten a expresión “A tristura non rematará xamais” (pp. 167, 173).

9.Se contrastas a biografía do pintor coa figura que del se dá na novela, ¿temos a mesma imaxe do personaxe?

10.Analiza a figura do sacerdote.

11.Analiza a relación narrador-Adeline.

12.¿Dáse na obra outra relación que representa o contrapunto da anterior? ¿Quen son os protagonistas? Compáraa coa anterior.

13.Como lector, ¿consideras que queda algunha liña argumental sen desenvolver?

14.¿Que decisión vital toma o protagonista-narrador?

15.Por certo, ¿como se chama o protagonista-narrador? ¿Que recursos se utilizan para dirixirse a el?

16.Describe o proceso de deterioración psicolóxica do pintor.

17.¿En que modo inflúe a pintor na madurez do protagonista-narrador?

18.¿Pode dicirse que a novela describe a confrontación de dous mundos? ¿Cal é a túa opinión ó respecto?

19.¿De que outros pintores se fala na obra? ¿Teñen algunha relación co noso pintor? [Véxanse pp. 47, 80, 105.]

Vía Revolta da freixa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario