A praia das palabras
Blog do Club de Lectura do IES de Vilalonga
Primeira xuntanza do grupo do club de 1º da ESO.
Estes son os integrantes do noso novo grupo do club de 1º da ESO na súa primeira xuntanza do 8 de outubro. Comezamos coas presentancións e coa exposición das razóns que nos trouxeron ata aquí. Para todos é a súa primeira vez. As razóns son moi variadas: a maioría coinciden en que lles gusta ler, pero tamén están aquí para poder realizar outras actividades en torno á lectura, compartila cos amigos e de paso se se pode saír de excursión, iso xa será unha viaxe máis dentro das moitas que faremos a través das historias que imos ler.
A seguir, fixemos unha listaxe das súas lecturas favoritas, entre elas, aparecen:
Dúas lágrimas por Máquina
,
O principiño
,
Caperucita en Manhattan
,
a colección de Tea e Gerónimo Stilton
,
Trece anos de Branca
,
Los juegos del hambre
,
Nina, la chica de la sexta luna
.
Tamén, coinciden case todos en que os ingredientes que debe ter un libro para que lles guste son: misterio, fantasía, medo, aventuras, humor e un pouco de amor.
Nesta primeira xuntanza logo das presentacións, comezamos coa lectura de
Mortos de ningures
, despois do visionado do
book-trailer
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Publicación máis recente
Publicación máis antiga
Inicio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario