A praia das palabras
Blog do Club de Lectura do IES de Vilalonga
Viaxe á illa de San Simón e ás Salinas do Ulló.
Non atopamos mellor forma de iniciar as nosas actividades do club que repasar o álbum de fotos da nosa viaxe á illa de San Simón. De seguro que non esqueceremos a ruta pola que transcorre un capítulo de
Vinte mil leguas de viaxe submarina
, a historia que hai mergullada nesas augas, o encontro coa capela da cantiga de Mendiño, ou a procura do anel que o protagonista de
Noite de voraces sombras
deixou agochado nos muros do cemiterio para a súa amada.
E na procura de historias continuamos a nosa ruta polas Salinas do Ulló, baixo a vixiante mirada das illas Alvedosas, e internándonos nunha Selva de Esmelle particular para chegar a Santa Cristina de Cobres, onde rematou o noso itinerario. Non exento de atrancos ortográficos e pintadas como a da canción de Sabina "No hay nostalgia peor que añorar lo que nunca jamás sucedió"
Achegamos, tamén, aquí o traballo realizado polo noso compañeiro pintor, Eduardo Baamonde, durante o roteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Publicación máis recente
Publicación máis antiga
Inicio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario