Narra unha escura historia de misterio ambientada no Camiño de Santiago na que se mestura o suspense, o humor e a fantasía a partes iguais. O protagonista, un preso que acaba de fugarse do cárcere, verase envolto en inquietantes e estraños sucesos ó intentar recuperar un botín que se escondera anos atrás nuha perdida aldea desta ruta. Sinistros anciáns, estrañas deaparicións, un cura senlleiro e ata o o mesmísimo alcipreste de Santiago conflúen nunha trama salferida de misterio e intriga que levara ó protagonista a enfrontarse a unha condena maior da que conseguira escapar.
"Argine"
Mañá día 24 de outubro é o día dedicado á biblioteca escolar, achegamos esta preciosa curta para celebrar esta data.
"Mortos de ningures"
Con este book-trailer dos Mortos de ningures imos abrindo boca na programación das lecturas dos nosos grupos de club de lectura. Trátase dunha novela escrita a dúas mans por Ledicia Costas e Pere Tobaruela, que acaba de ser nominada finalista no Premio Literario Frei Martín Sarmiento, na categoría de 1º e 2º da ESO.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)