A praia das palabras
Blog do Club de Lectura do IES de Vilalonga
QUERIDO BALBINO. 1961-2011. Cincuenta anos de "Memorias dun neno labrego"
Ver
catálogo da exposición.
Estes días na Biblioteca Pública de Pontevedra podemos contemplar esta exposición que recolle fotografías, vídeos e correspondencia que permiten coñecer a traxectoria vital de
Neira Vilas
e de
Memorias dun neno labrego
, o libro máis lido da literatura galega. Exhíbense ademais 10 traballos de pintores galegos que renden a súa particular homenaxe á obra protagonizada por Balbino.
Memorias dun neno labrego
é o libro máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas (contabilízanse unha vintena de traducións), ademais da novela a través da que moitos lectores se inicaron na lectura en lingua galega.
O noso club visitará a
Fundación Neira Vilas
na saída que ten prevista como remate as actividades deste ano o derradeiro día de clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Publicación máis recente
Publicación máis antiga
Inicio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario