"Os marcos" é un capítulo de Era visto co que poderemos traballar o teatro co tema do noso patrimonio como fondo. Esperamos divertirnos e pasalo ben co grupo de 1º de ESO.
“OS MARCOS” 1. CASA. SALÓN. DÍA MONCHO, ELVIRA Moncho e Elvira están falando. MONCHO: Estiven pensando e vou construír un fin de semana na Recollida. ELVIRA: Pero que dis? Nesa finca non che deixan construír. A MONCHO: Teño unha finca. A Recollida, xa a coñecedes (Plano da finca) Quero construír o que tradicionalmente se coñece como un fin de semana. Que é o fin de semana? Unha das cousas que máis nos identifica como galegos. MONCHO: REFACER Planto alí un caseto para poder pasar o fin de semana e un sitio para facer churrasco e, como quen non quere a cousa. Pouca cousa. Quen me vai impedir facer iso? ELVIRA: Non che deixan porque non tes permiso. A Recollida non é unha finca edificable. MONCHO: Por cinco metros de nada. ELVIRA: Polo que sexa, non tes permiso. B MONCHO: PESCAR OS MESES QUE ELSES DIGAN, QUE TES QUE CAZAR AS ESPECIES QUE ELES DIGAN E ATA PARA CONSTRUIR. É que van contra todo, que se non podes ser pescador furtivo, que se tes que pagar impostos, que se non podes beber se conduces. Agora isto tamén. A onde imos chegar? 2. BAR. INT. DÍA MONCHO, LINO, PUSKAS PUSKAS: Pois agora é o momento de intentar solucionalo, que andan renovando o catastro. LINO: Puskas ten razón. É o momento, agora ou nunca. De quen é a finca do lado? MONCHO: De Don Anselmo. Ten unha morea de metros. Pero non lle deixan construír por non sei que hostias de patrimonio. LINO: Podías falar con el para que che venda eses cinco metros. PUSKAS: Lino, ti es sueco, ou suizo, ou algo así, non? Nestes casos hai que facer o tradicional, o que sempre se fixo: mover o marco e coller os cinco metros que precisas e morra o conto. MONCHO: Non sei, teño as miñas dubidas. PUSKAS: Moncho, por favor. Sempre se fixo así. Un pobo que non segue as súas tradicións está condeado a desaparecer. LINO: Puskas ten razón. Xa non é por ti. É por todos nós que tes que seguir co costume de mover os marcos. Para que non se perda ese costume de xeración en xeración. MONCHO: Tedes razón. Agora mesmo vou mover o marco. Só son cinco metros. Don Anselmo non se decata nin de coña. (Marcha) PUSKAS: Que orgulloso me sinto del. LINO: Si, señor. Ver que a xente faga por manter vivas as tradicións faime sentir ben. C MONCHO: Xa está, xa movín o marco. E xa de paso, como quen non quere a cousa, metín do meu lado unha pereira. Vai dar unhas peras bárbaras. En vez de cinco, collín oito metros. Pero cunha finca tan grande Don Anselmo nunca se vai decatar. 3. CASA. SALÓN. DÍA MONCHO, ELVIRA Falan sentados no sofá. ELVIRA: E xa postos a mover o marco, puideches coller algo máis. Non só a pereira. Puideches coller algunha arbore máis. MONCHO: Penseino, pero non quixen abusar. ELVIRA: E así podiamos facer o fin de semana un pouco máis grande. MONCHO: Non sei, co que temos xa nos chega. Non hai que ser avariciosos. ELVIRA: Veña, home. As cousas levan facéndose así desde sempre en Lameiro. Róuballes un pouco de finca ao veciño e listo. Xa non sabe ninguén o que de verdade era del, ou foi collendo. MONCHO: Para que queremos máis? ELVIRA: Mira que iamos ter un sitio moito máis grande para facer as churrascadas. D MONCHO: A miña Elvira sabe como gañarme, co estómago. Pois ala, ala vou a mover un pouco mais ese marco. 4.BAR. DÍA MONCHO, LINO, PUSKAS Moncho fala con Puskas e Lino. MONCHO: Agora non só teño eses cinco metros que necesitaba. Tamén teño unhas cantas árbores e un sitio grande de todo para facer unhas churrascadas de medo. PUSKAS: Ben feito. As cousas ou se fan ben, ou non se fan. LINO: E vaste quedar aí? MONCHO: Si. Creo que é mais que suficiente. Xa non preciso máis nada. LINO: Ese é o exemplo do espírito galego. Que non pensa no mañá. Falta de emprendemento, iso o que nos mata. PUSKAS: Aí está. Lino ten toda a razón. Moncho estaste comportando como un tipo moi egoista. MONCHO: O que? PUSKAS: Non estás pensando no teu fillo, nin nos fillos do teu fillo, nin nos fillos, dos fillos do teu fillo. MONCHO: Non vos sigo. LINO: Moncho, por favor. Pensa un pouco nas vindeiras xeracións. Se ambicioso, home. Así nos vai aos galegos. E MONCHO: Cando Lino e Puskas se poñen tan filosóficos dan medo. PUSKAS: Iso é. Colle uns metros máis. Non para ti, para a túa descendencia. Porque quedarte nun fin de semana, se podes facer un chalet como deus manda? LINO: E un bo garaxe. PUSKAS: Si, un bo garaxe é fundamental. MONCHO: Pero se só temos o meu coche e o quad de Kevin. LINO: Iso, ti non penses no día de mañá. É o día de mañá. E se queres ter un sitio para meter o chimpín como un bo galego? MONCHO: Non teño chimpín. PUSKAS: Que hoxe non teñas chimpín, non significa que non o vaias ter nunca. LINO: Moncho, por favor, como amigo cho digo. Vai coller uns metros máis e faite unha casa como deus manda. PUSKAS: Por Galicia, Moncho, por Galicia. MINIFUNDIO. BOTÍN, DUQUESA DE ALBA MOVERON O SEU IMPERIO MOVENDO MAROS F. MONCHO: Convencéronme. Ala fun. Non ía quedarme cun fin de semana, podendo ter un chalet como deus manda. Xa ían uns centos de metros máis. Pero Don Abselmo non se ía decatar. El ten moitas terras. 5. CASA. SALÓN. DÍA MONCHO, ELVIRA, KEVIN Elvira e Kevin semellan desgustados con Moncho. ELVIRA: Que tan egoísta es, Moncho. KEVIN: Mamá ten toda a razón. Non pensas nos demais. MONCHO: Non tiñamos nada, e agora podemos construír un chalet, temos árbores e un sitio para facer churrascadas. Que máis queredes? ELVIRA: Un sitio para poñer unhas rosas, que fan moi bonito. KEVIN: E unha piscina. MONCHO: De verdade precisamos todo iso? ELVIRA: Claro que si. E xa postos, non estaría mal unha pista de tenis pequena. MONCHO: Pero se nesta casa nunca xogamos ao tenis, nin fomos á piscina, nin a nada que se lle pareza? ELVIRA: E se o día de mañá queremos? KEVIN: Ou as xeracións vindeiras. G MONCHO: Outros máis con ese conto. ELVIRA: E podíamos facer outra cociña fora, para non manchar na casa. E unha casiña para invitados. KEVIN: E unha corte para cabalos. MONCHO: Pois non se fale máis. Alá vou a mover un pouco máis o marco. H MONCHo: Movín o marco unha vez máis. Xa collín como para facer un campo de fútbol. Para min que isto xa é avaricia, pero todo sexa por manter as tradicións e por Galicia. PASO DE DÍA. 6.BAR. DÍA MONCHO, LINO, PUSKAS Moncho fala con Lino e Puskas. MONCHO: Estades seguros de que non me pasei? LINO: Para nada, Moncho. MONCHO: E o que ía ser un fin de semana, agora vaise convertir nun chalet dos grandes con garaxe para chimpín, piscina, cociña fóra, casa para invitados, pista de tenis e corte para cabalos. PUSKAS: Os teus descendentes vancho agradecer de corazón. MONCHO: Xa postos a coller, collín tamén unha pedra, tipo antiga, que había tapada por unhas silvas. Vai ser bárbaro para facer unhas merendas. LINO: Moi ben, Moncho, xa vas collendo o concepto, si señor. PUSKAS: Mañá veñen a Lameiro os do catastro medir e xa vas ter terreo de sobra para facer o que queiras. Ben feito, Moncho, estou moi orgulloso de ti. I MONCHO: Pasaron os do catastro e agora teño mil metros e parcela coa pedra antiga e todo. Moito se fixaron na pedra, mira que son raros. A ver agora como se pon Don Anselmo cando se entere. 7.NAVE. DÍA MONCHO, ANSELMO Anselmo fala con Moncho. MESA DE PEDRA TIPO ANTIGA, CATRO PES TIPO LOUSA, RUSTICA, PRECIOSA... ANSELMO: Moncho, non sabes o feliz que estou. MONCHO: E logo? ANSELMO: Os de catastro estiveron medindo por Lameiro. MONCHO: (Disimulando) Non me diga? ANSELMO: Tiña unha finca morta de risa, non valía para nada, por culpa dunhas pedras, O FAMOSO DOLMEN DE LAMEIRO QUE NON LLE IMPORTA A NINGUÉN, dun monumento megalítico que tiña no medio. Un atraso, pero non me deixaban construír por culpa desa merda. MONCHO: E agora pode? ANSELMO: Si, porque un pailán, un pobre home, un burro de medo meteu as pedras nas súas terras. Agora xa non é problema meu. MONCHO: Unhas pedras, como son? ANSELMO: Tipo antigo, estaban tapadas por unha silva. Pero dá igual, agora o problema xa non é meu. MONCHO: Me cago en tal! ANSELMO: Que pasa, Moncho. MONCHO: Nada, nada. Cousas miñas. ANSELMO: Eu a construír un chalet de medo, coa súa piscina, a súa pista de tenis e ese pobre home a ollar as pedras. Vai comer monumentos megaliticos e eu co meu chalel. Viva o catastro! MONCHO: (Sen ningunha emoción) Viva. K MONCHO: Mira ti que ben, Iso pásame por facerlle caso a todos eles. Quedo sen chalet, sen fin de semana, sen nada. Home, teño unhas pedras tipo antigas. Todo por seguir as tradicións e facer as cousas como se fixeron sempre. Que desgraza a miña. PEDRAS TIPO ANTIGA, NIN SIQUERA ME DEIXAN UTILIZAR AS PEDRAS DE MESA, QUE NON SE PODEN UTILIZAR, ATRASO DE PAÍS. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario