Amosando publicacións coa etiqueta Cyril Pedrosa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cyril Pedrosa. Amosar todas as publicacións

"Portugal" de Cyril Pedrosa

Portugal de Cyril Pedrosa


Esta banda deseñada trata o tema da procura da identidade dun emigrante de terceira xeración e as sinuosas relacións de familia.

Simon Muchat é un debuxante de cómic que entra en crise persoal e laboral e decide darse un tempo a través dunha viaxe a Portugal, que lle devolverá a esencia das súas raíces familiares.

Nas ilustracións desta obra destaca poderosamente a recreación dos ambientes, a través da transcrición das conversas perdidas e da tonalidade das cores viaxamos co protagonista polos distintos lugares que lle devolverán as súas  súas raíces.