Coca, dragón
Continuamos a nosa procura de dragóns en Galicia na preparación da nosa saída didáctica deste ano. De aí que teñamos que falar da Coca de Redondela, o dragón lendario máis famoso que temos.
A palabra Coca deriva do latín COCATRIX (crocodilo) e dá nome a este dragrón, que posúe unha celebración no concello de Redondela na altura das festas do Corpus.
Esta é unha tradición que tamén se celebra alén Miño en Monçao.
A nosa visita será entón a Redondela e culminará na illa de San Simón
Alí atoparémonos co Xulio Verne e teremos que tratar Vinte mil leguas baixo dos mares
V XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA
As V Xornadas dos Clubs de Lectura deste ano engadiron unha importante achega coa participación dos rapaces. Deste xeito os integrantes dos distintos clubs dos nosos centros convertéronse nos verdadeiros protagonistas destas V Xornadas celebradas o pasado sábado. A frescura que supuxo escoitar directamente deles as súas experiencias competiu cos relatorios dos persoeiros que nos acompañaban: Eliacer Cansino,Inés Miret e Víctor Freixanes .
Os nosos clubeiros participaron no obradoiro de cómic, impartido por Jacobo Fernández Serrano, e no de regueifas da man de Pinto de Herbón e Luís "O Caruncho". Ademais aproveitaron esta oportunidade para coñecer e compartir as súas experiencias con rapaces doutros clubs.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)