Comentaremos "Flor de area"


Mañá temos a primeira sesión do club de bacharelato para comentar a novela que estamos a ler: Flor de area. Esta obra de Manuel Lourenzo González é unha continuación da súa anterior novela, Irmán do vento. Se na primeira o protagonista era Khaled, nesta serao a súa noiva, Amrah. De aí que agora continúa a historia despois da guerra de Iraq e centrarase en aspectos que atinxen fundamentalmente á perda de dereitos da muller neste contexto: os matrimonios concertados, a sharía, o veo islámico, que darán para termos unha xuntanza moi intensa debatendo estes controvertidos temas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario