Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións

Sés e Miguelanxo Prado



Rapaces, se non coñecedes a Sés, este terremoto musical feminino galego, tedes que pórvos ó día rapidamente, non sabedes o que vos estades a perder. Neste vídeo tedes un tándem perfecto da súa música, "Milonga de aquí", cos debuxos do grande artista galego, Miguelanxo Prado. Non deixedes de escoitar e ver as súas obras. 

"Porque me sae do galego"



Este rap: "PORQUE ME SAE DO GALEGO", de GAMY. E o seu  videoclip  é un traballo para o  Clube da Lingua do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces. Parbéns polo traballo ben feito.

A banda sonora de "Baixo a sombra das pedras flotantes"


Esta é a banda sonora para a próxima banda deseñada de Kiko Da Silva "Baixo a sombra das pedras flotantes". O tema fomará parte do próximo proxecto/CD de Roger Subirana "XII". 

"Peaxes" de Santiago Lopo

Na xuntanza de onte estivemos a comentar a áxil estrutura da novela  dividida en breves capítulos, que levan como título cada día da semana. Nos que un narrador protagonista, que traballa de cobrador nunha peaxe da autoestrada, vai relatando o seu rutinario traballo. No que os personaxes da trama serán os distintos usuarios  identificados pola marca do seu coche: Clío, Golfiña, Ibiza, Grand Cherokee, Matiz el e Matiz ela, que conforman unha historia cos breves retallos das súas vidas, que el vai anotando ó son dunha salientable banda sonora, as músicas que escoitan nos seus coches e que, finalmente, se converten na escusa para encontrarense fóra da vida imaxinaria que lles outorgara o narrador.

A música foi a protagonista principal da xuntanza. Os rapaces estiveron a buscar na rede as cancións que aparecen citadas na novela. Deixamos aquí unha mostra dos RemolcaMadriña, que tamén son personaxes nesta historia.

Santiago Lopo visitaranos o luns para celebrar as Letras Galegas.

O RAP DO LIBRO



Rap do libro elaborado pola Biblioteca escolar do CEIP Barrié de la Maza-Santa Comba (A Coruña) para  o Día do Libro do ano 2010. Cantado por JHARECK (IAGO REY). VOCES CONTADORA DE SOÑOS, ANGELA, CARLOS, MARTIN, SONIA E MARIA.

Feliz aniversario XABARÍN!


Hoxe o Xabarín Club está de aniversario. Celebramos a súa maioría de idade, ten os mesmos anos que o noso alumnado de 2º de BACH. Creceron vendo as súas series e escoitando as súas músicas. A achega que supuxo a emisión deste programa para a normalización da nosa lingua en Galicia é moi superior á de moitas outras iniciativas. Daquela hoxe é o día de felicitalo a el e a todos aqueles que o fixeron posible. 

NADAL MUSICAL




Para cantar
Ola, ola, la - Mamá Cabra - Edita Galaxia
Libro cd máis dvd-karaoke e un conto de Gloria Sánchez con ilustracións de Kristina Sabaite.

Para bailar e cantar
Pesdelán (Na punta do pé) - Edita Kalandraka
Contén libro, disco e cd. O libro inclúe ilustracións do portugués Joao Vaz de Carballo, letras, músicas e explicacións da peza e do baile. O cd ademais das pezas, ten as versións sen voz para cantar na casa. O dvd aproxímanos ao baile de maneira aberta e divertida.
Participan na parte musical Uxía Cribeiro, Mercedes Prieto, Montse Rivera, Xan Pampín, Carlos Freire, Miguel Flores e Amando Gottardi ademáis de colaboracións na música e baile.

Para durmir
Arrolos de Salitre - Xabier Díaz e Guillerme Fernández - Edita Musicas de salitre
Creado e producido por estes dous membros de Berrogüetto, Arrolos de Salitre conta con voces emerxentes galegas non moi coñecidas. Davide Salgado, Jara Ortiz, Uxua Cribeiro, Xoan Curiel, Alba Gutiérrez, Fani Otero, María X Silvar, Carlos Álvarez e Diego Calviño.

Para imaxinar
A Nena e o Grilo - Magín Blanco - OQO Editora
Libro conto con cd de música e ilustracións de Iván Prieto. Colaboran Ugía Pedreira, Guadi Galego, Uxía Senlle e Fred Martíns. Na banda participan Sérgio Tannus, Tarci Ávila e diversos músicos e voces.


Para erguerse
Tic tac - Pablo Díaz - Kalandraka
Libro Cd con ilustracións de Marc Taeger. Pablo Díaz conta con músicos coma Antón Díaz, Brais Maceiras, Fran Amil ou Pedro Lamas e voces coma Xabier Díaz, Carmen Rey.


Escolma recollida de Galicia Confidencial.