O noso Club de Lectura de 2 º de ESO, que estivo a ler neste derradeiro trimestre "Game over", compartiu unha charla do seu escritor, Santiago Lopo, co grupo de lectura do PCPI, que tamén leu esta obra ademais da novela "Peaxes" deste mesmo autor.
Amosando publicacións coa etiqueta Santiago Lopo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Santiago Lopo b>. Amosar todas as publicacións
Visita de SANTIAGO LOPO e MANEL CRÁNEO
Dentro das actividades desenvoltas na Semana das Letras contamos con dous interesantes autores galegos: SANTIAGO LOPO e MANEL CRÁNEO.
SANTIAGO LOPO visitounos o luns 13 para achegarnos á escrita en galego. Presentouno a súa compañeira e amiga, Isabel Fernández, e falounos das súas obras Game Over, Peaxes e Hora Zulú. O noso club de lectura de 4º leu a súa novela Peaxes.
MANEL CRÁNEO, autor de bandas deseñadas como Os lobos de Moeche e Cousas de mortos, estivo connosco o martes 14. Presentouno o noso ilustrador Eduardo Baamonde. Ofreceunos un obradoiro, que nos achegou á linguaxe do cómic e tamén departiu co alumnado do club de lectura de 4º sobre a súa obra Cousas de mortos.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
ENCONTROS CON AUTORES,
LECTURA,
Manel Cráneo,
Santiago Lopo
"Peaxes" de Santiago Lopo
Na xuntanza de onte estivemos a comentar a áxil estrutura da novela dividida en breves capítulos, que levan como título cada día da semana. Nos que un narrador protagonista, que traballa de cobrador nunha peaxe da autoestrada, vai relatando o seu rutinario traballo. No que os personaxes da trama serán os distintos usuarios identificados pola marca do seu coche: Clío, Golfiña, Ibiza, Grand Cherokee, Matiz el e Matiz ela, que conforman unha historia cos breves retallos das súas vidas, que el vai anotando ó son dunha salientable banda sonora, as músicas que escoitan nos seus coches e que, finalmente, se converten na escusa para encontrarense fóra da vida imaxinaria que lles outorgara o narrador.
A música foi a protagonista principal da xuntanza. Os rapaces estiveron a buscar na rede as cancións que aparecen citadas na novela. Deixamos aquí unha mostra dos RemolcaMadriña, que tamén son personaxes nesta historia.
Santiago Lopo visitaranos o luns para celebrar as Letras Galegas.
Etiquetas:
4º ESO,
LECTURA,
LETRAS GALEGAS,
LITERATURA,
MÚSICA,
Santiago Lopo,
XUNTANZAS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
