DÍA DA POESÍA
MARÍA SILENCIO
Cabeleira de chuvia, ollos de néboa.
Maria Silencio, esfarrapada, á espreita.
Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A tua anguria fala con olladas.
Maria Nocturna: no peirán ¿que esperas?
¿polo día non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?
Maria Silencio, sempre dura e muda...
¿Cál é a barca que agardas?
Das fontes dos teus ollos
fluen ríos de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...
Maria Silencio, eu roubaria
no ceu
a estrela de mel,
na agua
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.
Se queres ulir flores,
darei-che a flor da lua.
María do Mar, ¿que barca agardas?
¿Queres o sol, carne de lúa fría?
O sol é un porco-espiño disfrazado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.
Pescado pola cana do abrente,
dareicho eu, raiolante e mollado.
¡Maria Silencio, Voz Dormida: fala!
¿A que afogado esperas,
Maria da Sombriza Espranza?
Maria Silencio, ¿agardas a túa voz?
¿As ondas do mar levado roubaroncha?
De chuvia e vento vestida,
Maria Silencio, calada...
Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961) (A Coruña: Ediciós do Castro)
UNHA PANTASMA NO COLEXIO
A nosa segunda lectura do club está chea de misterios. Hai unha pantasma no colexio. Quen será esta pantasma?
O vindeiro mércores escoitaremos as vosas suxestións sobre o tema. E o mes que vén teremos unha sorpresa para rematar esta lectura.
PROMOCIONAR A LECTURA
A promoción da lectura pode converterse simplemente nunha xenialidade. Este é un claro exemplo disto.
ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS
O país das marabillas existe, por iso é importante ver a película de Tim Burton e ler o libro de Lewis Carroll. Aínda que ás veces as semellanzas sexan poucas.
Aquí os portugueses, pouco amigos de dobrar os filmes, amósanos un avance da película. Xa que por agora non a poderemos oír en galego.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)