Aplaudimos esta iniciativa do club de lectura As catro esquinas do quinto do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense) de dobrar esta curta de Tim Burton ó galego. Trátase dunha das nosas curtas preferidas, que xa comentamos nos nosas sesións porque serve para exemplificar moi ben as inevitables relacións da literatura e o cine que tanto nos gustan. E agora ademais poderemos desfrutala en galego.
Esta curta recrea as influencias que a literatura de Edgard Allan Poe ten na vida do protagonista da historia, Vicent Malloy. Este preséntasenos como un seguidor afervoado das historias terroríficas do grande escritor inglés ata o punto de sufrir unha quixotización de non distinguir ben a fantasía da realidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario