Esta banda deseñada trata o tema da procura da identidade dun emigrante de terceira xeración e as sinuosas relacións de familia.
Simon Muchat é un debuxante de cómic que entra en crise persoal e laboral e decide darse un tempo a través dunha viaxe a Portugal, que lle devolverá a esencia das súas raíces familiares.
Nas ilustracións desta obra destaca poderosamente a recreación dos ambientes, a través da transcrición das conversas perdidas e da tonalidade das cores viaxamos co protagonista polos distintos lugares que lle devolverán as súas súas raíces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario