A mellor maneira de celebrar o Día do Libro por anticipado no noso centro foi poder contar coa presenza do escritor Pere Tobaruela grazas á colaboración da editorial Everest Galicia.
O autor de Viaxes dun can de palleiro e coautor de Mortos de Ningures charlou animadamente dun xeito ameno e próximo co noso alumnado de 1º de ESO sobre como un catalán coma el aprendeu galego e como perdeu a vergonza para poder falalo, converténdose en todo un exemplo de integración e respecto cara a nosa lingua. Confesou que a súa dedicación á escrita foi tardía, comezou a escribir con 34 anos. Así mesmo, tamén nos contou como coñeceu a Ledicia Costas e decidiron escribir un libro xuntos, de feito agora xa van polo segundo, xa podemos atopar nas librerías a continuación das aventuras da inspectora Nola e o seu gato Lolo baixo o título Ouro negro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario