Abre as páxina de Ardalén e entrarás nunha obra que non deixará de engaiolarte.
Trátase dunha historia en torno á memoria. A memoria persoal dos personaxes acaba mesturada coa colectiva, a procura da súa identidade lévaos a compartir as súas relembranzas e recordos nun naufraxio onírico.
Nesta obra están presentes desde o ton poético ata o máis filosófico. Así mesmo, o debuxo está acompañado de textos xurídicos ou administrativos cun achegamento máis realista.
A novela gráfica, cuxo título é un vento do outro lado do océano, lévanos desde a Galicia da actualidade coa historia dun ancián, que foi un neno orfo durante a Guerra Civil, ata a a emigración ás Américas dos anos 50, co relato dun home que embarca e deixa atrás a súa familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario