V XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA



As V Xornadas dos Clubs de Lectura deste ano engadiron unha importante achega coa participación dos rapaces. Deste xeito os integrantes dos distintos clubs dos nosos centros convertéronse nos verdadeiros protagonistas destas V Xornadas celebradas o pasado sábado. A frescura que supuxo escoitar directamente deles as súas experiencias competiu cos relatorios dos persoeiros que nos acompañaban: Eliacer Cansino,Inés Miret e Víctor Freixanes .

Os nosos clubeiros participaron no obradoiro de cómic, impartido por Jacobo Fernández Serrano, e no de regueifas da man de Pinto de Herbón e Luís "O Caruncho". Ademais aproveitaron esta oportunidade para coñecer e compartir as súas experiencias con  rapaces doutros clubs.



2 comentarios:

  1. Un Gran Día, Moi bo o taller de REGUEIFAS :)

    ResponderEliminar
  2. Bueno, aproveito, que estaba algo aburrido, e fixen unha poesía contendo o apellido "Pintos", como me saíu moi bonita, poñoa aqui.

    Poño esta encambio en galego
    Intento non trabucarme
    Non esquezo as normas ortográficas
    Tan dificiles tampouco son
    Oxe é o meu día saíume perfecta
    Ser galego, axuda facer isto.

    ResponderEliminar