Con nós, Marcos Calveiro

O pasado 19 de maio estivo no noso club de lectura o escritor Marcos Calveiro para explicarnos algunhas cousas sobre a súa obra O pintor do sombreiro de malvas. Comezamos a sesión co visionado dunha presentación dos cadros que inspiraron esta obra. Algúns deles xa os consultaramos seguindo os pasos do pintor, pero este que reproduce un rapaz non, e foi nel no que se inspirou para dar vida ó protagonista innominado da novela.








Os integrantes do noso club estiveron moi atentos ás explicacións do autor sobre algunhas incógnitas que deixa abertas a lectura desta novela, e comentaron as súas interpretacións sobre as personaxes e o final aberto da historia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario